O éxito da ensinanza das linguas estranxeiras nos Países Baixos (presentación)
Bo día a todas e todos! Hoxe foi un día cheo de información, xa que todas fixemos as nosas presentación (súper interesantes, por certo).
No meu caso, eu centreime na aprendizaxe das linguas estranxeiras en Países Baixos, incindindo tamén no sistema educativo tan diferente ao noso.
Vouvos facer unha recopilación rápida do que falamos hoxe:
A ensinanza obrigatoria iníciase aos 5 anos, dentro da etapa de Educación Primaria, e finaliza aos 16. Unha vez completada a Educación Primaria os alumnos se reconducen en 3 modalidades de Secundaria diferenciadas: a Secundaria dirixida a estudos universitarios (VWO), a Secundaria xeral (HAVO) e a Formación Profesional Secundaria (VMBO). No caso da educación superior, tanto HBO coma WO trátanse da Universidade. HBO é para todo tipo de graos e WO é para os máis difíciles: Dereito, Medicina…
Educación primaria
- Dos 4 a los 12 anos, os nenos e nenas asisten á escola básica, que é obrigatoria a partir dos cinco anos. A educación primaria se divide en 8 grupos, e no último ano (grupo 8) é cando o alumnado realiza o CITO. O CITO é un exame no que se recomenda o tipo de educación secundaria que é máis adecuado para cada alumno.
Educación secundaria: consideracións xerais
- Despois da educación primaria, os estudantes teñen a opción de seguir os seus estudos en tres tipos de escolas de secundaria diferentes. Estes tres tipos son VMBO, HAVO o VWO, e se decide dónde ir a partir da recomendación do consello escolar e dos resultados do exame CITO.
As linguas estranxeiras no sistema educativo
- A internacionalización é unha característica importante do sistema educativo dende os anos 90, poñendo o acento na dimensión europea e a aprendizaxe de linguas estranxeiras en todos os niveis de ensinanza. Por iso, o sistema educativo dos Países Bajos optou por un enfoque de aprendizaxe multilingüe (lingua materna e lingua estranxeira).
Educación Infantil e Primaria
- Na Ensinanza Primaria se cursa inglés dentro do currículo nos dous últimos anos (7º e 8º), dándose unhas catro horas por semana, aínda que se permite que os centros soliciten ao Ministerio un permiso para ofertar ademais alemán, francés ou español. Asimismo, sempre existe a posibilidade de que os centros, sobre todo os que se identifican como Centros de Linguas, oferten fóra do currículo as linguas estranxeiras que desexen.
- Para reforzar a dimensión de internacionalización en Ensinanza Primaria se desenvolveron dous proxectos piloto nestes últimos anos: Ensinanza bilingüe (TPO) e Aprendizaxe temprano de linguas (VVTO). A Ensinanza bilingüe permite que as escolas poidan impartir ata o 15% das súas clases noutro idioma e poidan ensinar outras materias no idioma elexido polo centro (normalmente o inglés). En canto á aprendizaxe temprano dun idioma, os alumnos de Primaria reciben horas extra de inglés, alemán, francés ou español, desde 1º en adelante. Máis de 1.000 escolas primarias nos Países Baixos ofrecen aprendizaxe temprano de idiomas estranxeiros.
Educación Secundaria e Bach
- Na Educación Secundaria as linguas estranxeiras se converten nun elemento clave da oferta educativa, véndose reforzada a súa presenza nas leis educativas.
- Desde a reforma da Educación Secundaria é destacable o feito de que no cadro de asignaturas comunes da Secundaria Científica ou Preparatoria para la Universidad (VWO), o alemán e o francés deixaron de ser obrigatorias e foron sustituidas por unha soa asignatura chamada Segunda Lingua Estranxeira, de xeito que se poden ofertar ademais de alemán e francés: árabe, español, frisón, italiano, ruso e turco.
- Na primeira fase de HAVO (1o, 2o y 3o) son obrigatorios o neerlandés, inglés, alemán e francés. Se posibilita ao centro que elixa se quere sustituir unha das linguas mencionadas por español, ruso, italiano, árabe ou turco. Na 2a fase de HAVO (4o e 5o) son obrigatorios o neerlandés, o inglés e outro idioma estranxeiro na especialidade “Cultura e Sociedade”.
- No primeiro ciclo da Educación Secundaria (Onderbouw), é obrigatorio o estudo do inglés en todas as especialidades. Neste primeiro ciclo, os alumnos deben escoller unha segunda e, en moitos casos, unha terceira lingua estranxeira, que pode ser francés, alemán, pero agora tamén español. No segundo ciclo de Secundaria (Bovenbouw) de VWO e Secundaria Xeral (HAVO), é obligatorio continuar co estudo dunha segunda lengua estranxeira, e na Formación Profesional Secundaria (VMBO) é opcional.
- Os alumnos de Secundaria poden cursar unha lingua estranxeira en dúas modalidades: longa ou curta, pero é a escola a que normalmente decide que modalidade ofrece. En VWO, a modalidade longa adoita durar catro ou cinco anos e acaba cunha proba externa centralizada que é parte do exame final de Secundaria. A modalidade curta se empeza na segunda fase, dura tres anos e, normalmente, se avalía mediante unha proba que realiza a escola (schoolexamen).
- A diferenza en número de alumnos por idiomas é debida a que o inglés é unha asignatura obligatoria durante toda a Secundaria e tanto o alemán como o francés foron os outros dous idiomas obrigatorios na 1a fase de Secundaria, sendo opcionais na 2a fase. O feito de que desde 2010 se permita ao español competir co alemán e o francés supouxo que pouco a pouco a súa presenza se vaia vendo en ditas probas finais. Con todo, a presenza do español é moito maior que as cifras mostradas no cadro, sendo o número de alumnos que o estudan moi superior.
Ao final de todo isto, debatemos sobre varios temas: se o sistema neerlandés é tan bo como parece, as visións reais de dúas estudantes dos Países Baixos...
Se non puidestes comentar durante a sesión, sempre podedes deixarme as vosas opinións por aquí ;)
Déixovos por aquí o enlace ao genially (https://view.genial.ly/65788b73576e1a0014bcb7bb/presentation-sistema-educativo-paises-baixos) para que poidades ver a presentación!
Moitas grazas e boas festas!
Natalia González Fernández
Ola, Natalia!
ResponderEliminarGrazas por compartir a túa presentación sobre o sistema educativo nos Países Baixos! Resulta fascinante coñecer as diferenzas e similitudes co noso propio sistema educativo, especialmente no que respecta a o ensino de linguas estranxeiras.
A estrutura e enfoque do sistema neerlandés, desde a educación primaria ata a secundaria, é moi interesante. Destacaches a internacionalización e a importancia das linguas estranxeiras como aspectos clave, mostrando como o sistema evolucionou dende a década dos 90 para abordar estas áreas desde a infancia ata a educación superior.
Chamoume a atención a flexibilidade na elección das linguas estranxeiras, así como as opcións de aprendizaxe temperá de idiomas na educación primaria. Ademais, a posibilidade de estudar unha segunda lingua estranxeira na secundaria, coa opción de modalidades longas ou curtas, engade un compoñente interesante ao currículo.
Persoalmente, encontro moi valioso coñecer as opinións e vivencias directas de quen experimentou o sistema educativo de primeira man, así que o cuestionario e as respostas dos estudantes dos Países Baixos é moi interesante.
Para acabar gustaríame deixarte algunhas preguntas sobre o temas:
- Hai diferenzas rexionais na implementación de linguas estranxeiras no sistema educativo neerlandés? Obsérvanse variacións na preferencia por certos idiomas dependendo da localización xeográfica?
- En relación coa elección de linguas estranxeiras na secundaria, como inflúe esta decisión nas oportunidades académicas e profesionais dos estudantes? Hai algunha preferencia ou tendencia notable entre os mozos respecto a as linguas que elixen estudar? En especial, que pasa coa escolla do castelán como segunda lingua estranxeira?
- Existen programas de intercambio ou colaboración internacional que enriquezan aínda máis a experiencia educativa?
Moitas grazas pola túa entrada, Natalia. O traballo é moi informativo.
Un saúdo,
Alexandra